Que pode un dicir dun lugar que nunca pisou? Pois si, nunca estiven no Candedo (Dozón), só o puiden mirar na distancia e atrapalo no teleobxectivo da miña cámara. E ao observalo na foto intúo un caserío de resistencia. Resistencia agraria e gandeira nestes momentos de estrangulamento do sector, resistencia na altura fronte aos meteoros adversos do inverno, resistencia da Galicia rural tan desamparada.
Ollo ben a imaxe e engaiólame a o entorno arborado, a suave pendente dos prados de pastoreo e verdor, o horizonte ondulado e suave. Ollo a imaxe e necesariamente recordo a Maricaren a Monse e a Cristina, alumnas de antano.
Cand-edo é un topónimo, que segundo teño lido, componse do radical CAND- (que significa rocha) e o sufixo -EDO (indicativo de abundancia). O certo é que na imaxe non se ven moitas rochas, pero ese é o significado. O mesmo radical vémolo en CAND-ÁN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
OS FORNOS COMUNAIS DE DOZÓN
Forno comunal de Cardelle - Dozón No ano 1993 souben do forno comunal do Carballo nunha visita que fixeramos á parroquia de Dozón. Foi o pri...
-
INTRODUCIÓN No último mes acudín en dúas ocasións a esta singular paraxe coñecida como Foxo do Cabrito, alí onde conflúen os territorios dos...
-
Quizais a moitos que visiten Dozón por primeira vez lles resulte sorprendente o nome de Pena de Francia , o cal designa a montaña máis e...
-
Mañá domingo 3 de setembro e o luns 4, Dozón celebra a romaría mariana de Pena de Francia. Unha moi longa tradición acompaña a e...