O poeta Ramón Cabanillas Enríquez quedou definitivamente vinculado con Dozón por dobre motivo: pola súa estadía como secretario do concello e polo poema que deixou escrito loando as outas terras dezonenses.
Hoxe ofrecemos unha carta que desde o mosteiro de Samos envía Cabanillas ao seu amigo Isidoro Millán. Nela aparece expresada a amizade que seguía a manter co alcalde de Dozón, que daquela (1948) era Manuel Crespo Vázquez.