|
Capela de Santo Domingo - Sanguiñedo - Dozón |
|
Brasón de Oseira na capela de Santo Domingo - Sanguiñedo -Dozón |
|
Brasón de Oseira na igrexa de Alemparte |
O mosteiro cisterciense de Oseira exerceu, desde a súa fundación no século XII, a súa influencia nunha ampla zona xeográfica da súa contorna. O seu influxo reflectiuse no ámbito relixioso, no arquitectónico, no sector agrario e no comercial, principalmente. O brasón do mosteiro campea nas fachadas das igrexas parroquiais de Alemparte, da Corna e na capela de Santo Domingo, en Dozón, en clara mostra da vinculación destes templos co mosteiro.
A arquitectura do mosteiro de San Pedro de Vilanova, en Dozón, posúe elementos suficientes para advertir a escola canteira expresada no edificio monacal de Oseira. Tamén é reseñable a vasta coleccion diplomática de Vilanova que se conserva en Oseira.
Aos monxes de Oseira tamén se atribúe a fundación da feira da Gouxa, igual que o fixeran coas feiras do Carballiño e de Cea.