Non cabe dúbida de que o concello de Dozón alberga nos seus templos relixiosos suficientes peculiaridades e atractivos. Quero destacar tres deles por diferentes razóns: a igrexa do mosteiro de San Pedro de Vilanova pola súa excelente fábrica románica; o santuario de Pena de Francia, do que destacaría o seu emprazamento na maior elevación do municipio e a devoción relixiosa dos romeiros que alí acoden nos días de romaría. E en terceiro lugar situaría a igrexa de San Remixio das Maceiras. A igrexa é sinxela, de pequenas proporcións e arquitectura convencional. Fachada pétrea de perpiaño coroada por unha espadana, que acolle a única campá, e dous pináculos barrocos nos extremos.
Sin embargo, deste lugar eu quixera destacar outros factores que a min me resultan especialmente interesantes: a soidade do lugar e o afastamento do templo das diferentes aldeas das que é cabeceira de parroquia; tamén a pequena carballeira e o cruceiro que rodean o adro; o cemiterio, onde sempre experimento a lírica de Bécquer ("Dios mío, que solos se quedan los muertos..."). E especialmente a singular situación da igrexa no interior do castro de San Breixo, nun contexto cargado de historia e un entorno agreste, que as queiroas e os toxos engalanan coas súas cores na primavera.
Templo e entorno conforman un espazo fermoso e entrañable non exento dunha aura de fantasía e misterio. Son estas as aportacións que lle confiren a soidade do emprazamento e a historia do pretérito poboado prerromano.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
OS FORNOS COMUNAIS DE DOZÓN
Forno comunal de Cardelle - Dozón No ano 1993 souben do forno comunal do Carballo nunha visita que fixeramos á parroquia de Dozón. Foi o pri...
-
INTRODUCIÓN No último mes acudín en dúas ocasións a esta singular paraxe coñecida como Foxo do Cabrito, alí onde conflúen os territorios dos...
-
Quizais a moitos que visiten Dozón por primeira vez lles resulte sorprendente o nome de Pena de Francia , o cal designa a montaña máis e...
-
Mañá domingo 3 de setembro e o luns 4, Dozón celebra a romaría mariana de Pena de Francia. Unha moi longa tradición acompaña a e...